A Liga dos Cantantes Extraordinarios
PRODUCIÓN
Centroña Producións Audiovisuais, SL
O FORMATO.
Música. Concurso. Entretemento.
Duración 120 mts aprox. Semanal.
3 Temporadas.
SINOPSE
A unha verbena vai toda a familia xunta e en Galicia somos expertos niso… A Liga dos Cantantes Extraordinarios dará co cantante capaz de convencer a PAIS, AVÓS, NETOS e CASADEIROS de que é o mellor. Un auténtico REI DA VERBENA que UNE A TODAS XERACIÓNS!
A oportunidade para divertirse en familia con grandes cancións ben cantadas e executadas. Cunha posta en escena espectacular e xogando co enfrontamento xeracional dos diferentes estilos musicais. Todo empapado de bo humor!!
MECÁNICA
En cada gala, 8 representantes de 8 orquestras de Galicia, darán o mellor de cada un deles para gañar a elección dunha bancada representada por 4 xeracións diferentes. Será difícil agradarlles a todos, só un en cada gala será o que pase directamente á Gran Final, mentres que os que quedan e unha nova incorporación seguirán loitando por un posto nas galas sucesivas. Quen se alzará co título de CANTANTE EXTRAORDINARIO?
PRESENTADOR
Paco Lodeiro
Paco Lodeiro é o mestre de cerimonias deste programa musical. Un programa onde se dan cita 8 cantantes das orquestras máis representativas de Galicia. e un Cantante Extraordinario.
XURADO
Noso xurado, formado por Pili Pampín, Monoulious DOP, Lito Garrido e Lucía Pérez son os representantes dun público moi esixente que porá a proba aos nosos cantantes.
CANTANTES EXTRAORDINARIOS
No programa participaron cantantes de tódalas grandes orquestras galegas: París de Noia, Panorama, Los Satélites, Cinema, Olympus, Finisterre, Charleston Big Band, Fania Blanco Show, Kubo…
EMISIÓN
1ª emisión 4 de Xullo de 2019.
http://www.crtvg.es/tvg/programas/a-liga-dos-cantantes-extraordinarios
























