Nós

CENTROÑA PRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS, é unha produtora de contidos e formatos para televisión. Inda que Centroña é una produtora pequena en tamaño, ten grandes proxectos ás súas costas como o concurso “Cifras e Letras” como o máis destacado. Dende hai anos ven centrándose na produción e realización de contidos de calidade para televisión, converténdose así nunha produtora, versátil e multidisciplinar. En Centroña estamos en movemento constante, se non é gravando un programa en emisión ou un piloto é con varios proxectos en desenvolvemento, así como creando diferentes formatos para a pequena pantalla.
O potencial profesional da produtora está representado por profesionais con dilatadas traxectorias na industria audiovisual galega, así como por xoves promesas cun talento desbordante que lle confiren a todas as producións que se levan adiante unha alta dose de creatividade e modernidade.

Dentro das producións emitidas no último ano, cabe destacar, o actual concurso en emisión “ COMA UN ALLO”, e os programas de entretemento “TESOUROS NO FAIADO” e «PEREGRINO». Todos cunha gran acollida entre o público.