logo

castelán · galego
Ir a...
  • Nós
  • Servizos
  • Televisión
    • Entretenimento
    • Ficción
  • Galas
  • Contacto

Cifras e Letras

Facebook

Cifras e letras, é un concurso televisivo baseado no formato francés Des Chiffres et des Lettres, cunha entretida base cultural na que o concursante gañador pode acumular 500€ en cada programa que supere. O concurso consta de 13 probas en total:

  • 4 probas de cálculo, na que o concursante tenta atopar o número exacto pedido polo programa “xogando” con 6 cifras concretas e utilizando as regras aritméticas básicas.
  • 8 probas de lingua, na que o concursante debe atopar a palabra máis longa posible nun montante de 9 letras, sen repetir ningunha delas.
  • E por último, pero realizándose no meridiano do programa, un “duelo” no que os dous concursantes loitarán por ser o máis rápido en atopar, nun total de 9 letras, dúas palabras relacionadas co tema do programa, repartindo as letras entre as dúas palabras e sen repetir ningunha.

Durante case 7 años, as sobremesas en casa comezaban cun “Benvidos, que tal? Un día máis a Cifras e Letras…” Frase coa que Paco Lodeiro, presentador do programa, pronunciaba antes de dar paso ao tema do día e de saudar aos expertos, o físico Jorge Mira como experto en ciencias e a escritora María Canosa como experta en letras (A poeta Yolanda Castaño foi a experta en letras ata 2011)
Cifras e Letras estivo na grella de TVG dende Febreiro de 2006, nas sobremesas de luns a venres, facéndonos exercitar a mente, non só ós concursantes, se non tamén ós espectadores que dende as súas casas non podían resistirse a tentar atopar a palabra de 9 letras ou o número exacto, ou ser máis rápido que os concursantes en atopar as palabras do duelo, acompañados sempre, por suposto, dunha boa dose de humor por parte dos nosos presentadores.
Cifras e letras bateu moitas marcas, non só a da duración de emisión dun programa diario desas características na cadea autonómica, se non tamén de audiencia e de participación durante 95 edicións, do mesmo concursante.

  • Presentador: Paco Lodeiro
  • Últimos co-presentadores e expertos: Jorge Mira e María Canosa
  • Total tempadas en emisión: 22
  • Total programas: 1448
  • Cartos repartido: 724.000€ (Aprox)
  • Primeiro programa en emisión: Febreiro 2006
  • Derradeiro programa emitido: decembro 2012

Share it
Este sitio web non utiliza cookies nin almacena información persoal.Aceptar

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies      @2024