logo

castelán · galego
Ir a...
  • Nós
  • Servizos
  • Televisión
    • Entretenimento
    • Ficción
  • Galas
  • Contacto

Coma un allo

Seguindo a premisa dos programas de preguntas e respostas,  en Coma un allo se enfrontan tres concursantes por acadar os máximos puntos posibles para competir nun novo programa e así acumular máis cartos. Son dous dos tres concursantes os que pasan o seguinte programa e  pódese gañar ata 250€ por programa. Ademais cada día o bote acumula 200€ esperando a que alguén acerte a resposta á pregunta elixida dese día.

O programa está dividido en tres grandes bloques:

O primeiro deles acolle ás seguintes probas:

  1. Galiwiki: Con preguntas referentes a Galicia
  2. Fun x Ciencias: Preguntas de ámbito científico en calquera dos seus campos.
  3. Viaxar e Papar: Con preguntas sobre a Xeografía e gastronomía galegas.

O segundo bloque é o PREMER E FALAR. Nesta parte do programa os tres concursantes compiten á vez e loitan por ser o primeiro en contestar.

O terceiro e último bloque é A ALLADA, unha proba lingüística onde compiten os dous concursantes con máis puntos, deixando ao terceiro a opción dun rebote.

Rematados os tres bloques o concursante con máis puntos xoga o PILLA O BOTE, unha proba cunha única pregunta, un tanto complicada, que se se acerta ten como recompensa un bote acumulado cada día que pode chegar a moitos miles de euros….

Ficha técnica

  • Formato: Concurso diario.
  • Duración: 30 min
  • Horario: L-V 16:00 en TVG
  • Presentador: Bernardo Montaña, María Canosa e Jorge Mira
  • Emisión: 1ª emisión 11 de setembro de 2017. Podes ver os distintos programas a través da seguinte ligazón: http://www.crtvg.es/tvg/programas/coma-un-allo
  • Facbook https://www.facebook.com/comaunallotvg/

 

Share it
Este sitio web non utiliza cookies nin almacena información persoal.Aceptar

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies      @2024