Laretando
Laretando é un programa de xente que polemiza sobre asuntos dos que todo o mundo ten opinión. Ben porque lle compete persoalmente, ou porque lle toca de cerca a alguén da súa contorna. Cousas como se podemos cambiar o mobiliaro do piso que nos deixaron os nosos sogros para vivir, se podemos meternos nas carreiras que estuden os fillos ou se é mellor veranear na aldea ou en Benidorm.
É unha confrontación de posturas con humor e retranca, sempre dentro da loita dialéctica enxeñosa e sen provocar situacións “tensas” no enfrontamento.
A final do debate o público presente no plató, coa súa votación, decidirá qué postura prefire.
- Formato: Talkshow. Debate. Entretemento. Humor.
- Duración: 30 mts. De luns a Venres.
- Presentador: Kiko Novoa
- Lareteiros: David Perdomo, Mariana Carballal, Olaya Rivas, Damián Cortés, Saly Torres, Patricia Hermida, Pepe Capelán, Octavio Villazala, Fátima Pego, e Iria Pinheiro… Entre outros.
- Emisión: 1ª emisión 7 de agosto de 2014.
Share it










